Ánxela Regueiro Fajín

Texto enviado por Ánxela Regueiro Fajín.
Instagram: @xelacreaarte
EN CAMINO DESDE EL CORAZÓN
MIÑA EXPERIENCIA COMO ESTUDANTE
“Durante a miña etapa escolar secundaria instruíronme que debía elixir unha rama para saír ao mundo con unha idea do que quería facer para o resto da miña vida. En primieiro lugar nunca me explicaron que carreiras podería facer que fosen con un toque máis artístico, sempre que se podía chegar a tocar ese tema comentavase as poucas salidas laborales e sociales que tiñan. Entón, eu coa presión social que sentín preferín quedarme na rama das letras a cal sempre me agradou. Durante o bacharelato si que me arrepentín un pouco de non terme metido no bacharelato de artes pero aínda así disfrutei moito do grego e do latín.
Cando fixen a abau tiña claro que quería facer a carreira de belas artes por moitas connotacións negativas que tivese xa que prefería facer algo que de verdad me gustase. Escollina pensando en que maioritariament na miña familia somos artistas ou se nos dan ben as artes plásticas. Tiven unha gran influencia das miñas primas e da miña madriña as cales me animaron sempre a debuxar e recurrir máis ao meu lado artístico, polo cal estiven atendendo a clases de pintura dende os 7 anos.
A miña carreira ten un montón de ramas nas que podes dirixirte, as asignaturas son diversas e todas extensas para poder traballar con tempo nos proxectos. Temos na facultade todos os talleres necesarios para traballar sen dúbida que sempre están a desposición do alumnado. Para min, aínda así o maior desafío que pensei en ter foi de non poder seguir o ritmo da xente que xa tiña feito o bachiller artístico máis estoume desenvolvendo bastante ben dado que todo o mundo está nunha situación similar e o ensino que temos dase dende o principio sen reparar na xente que xa tiña feito algo antes.
A educación formal para min abriume moitas portas de cara a aprender sobre cultura clásica e a arte. No bacharelato de letras cursei literatura universal e historia da arte as cales me instruiron a que me apelase moito máis a idea de ira unha carreira artística. Por isto un proxecto que me interesou moito durante o tempo que levo na carreira foi o de pintar en oleo a un modelo espido. Nunca antes tivera un reto parecido, nunca tivera a unha persoa espida diante miña para debuxala, foi unha experiencia totalmente nova. Isto axudoume a deixarme levar máis, relaxarme e levarme a outro mundo moito máis creativo e menos ortodoxo.
Ao longo dos anos decateime de que non era un simple pasa tempo e que en realidade era algo co que me podo gañar a vida nun futuro. Polo tanto penso que aínda que pareza que non é unha boa opción sempre se pode sacar algo positivo de esta carreira, sempre aprendes cousas novas e a formación que recibes si que podes lebala ao mundo laboral por moito que digan que non é o caso. Penso que é unha carreira que con esforzo e dedicación podes chegar a traballar dela, é correcto que como artista independente é moi dificil gañarte a vida pero todo o mundo pensa que esa é a única saída. Sempre podes ser profesora, ilustradora, diseñadora gráfica, diseñadora de interiores, escultora, fotógrafa etc. É unha carreira que che prestra moitas opcións, por iso creo que non vale a pena deixarse levar pola opinión de xente que non sabe sobre o tema.
Eu considero que me gustaría acabar facendo algo con diseño gráfico ou sendo profesora. Pareceme que o profesorado dache unha libertade é unha lixeireza increíble é ademáis disfruto cos rapaces polo que me encantaría ser profesora.
Como mensaxe ou lección considero que debes deixarte levar polo que che gusta, non vale de nada perder o tempo e cartos en algo do cal non vas disfrutar e que podes acabar traballando toda a túa vida. Penso que non vale nada a pena coller esta oportunidade xa que solo se vive unha vez e se non che gusta sempre se está no momento de parar e cambiar o rumbo da tua viaxe laboral.”
Os comparto tres trabajos suyos:


